“Mellor é previr que curar”.
Con esta máxima a RSE Xunta de Galicia quere facer eco na sociedade sobre os beneficios e actividades que poden realizarse nunha entidade, empresa ou organización para satisfacer os requisitos que nos permitan manter a saúde laboral.
Desde a Consellería de Traballo e Benestar inaugurouse onte, mércores 9 de maio, unha xornada de prevención de riscos laborais.

Beatriz Mato na inauguración dunha xornada sobre prevención de riscos laborais na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) Autor: Xoán Crespo
A presentación estivo ao cargo da conselleira Beatriz Mato quen explicou as actuacións que se esperan poñer en marcha no Plan anual do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) ao longo deste ano 2012.
O acto realizouse na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
Que é o Plan anual do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral?
Este plan é un programa que comprende as principais liñas de traballo e actuacións técnicas que desenvolverá o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) durante o ano 2012.
Coas pautas do plan se crean e regulan as actividades de carácter permanente en temas de riscos laborais no lugar de traballo.
Consolídanse, tamén, as novas estratexias de traballo que xa se abordaran o ano anterior. Lembremos que no 2011 se comezaron a desenvolver actividades relacionadas coa ergonomía e a psicosocioloxía laboral.
Neste 2012 comezan a perfilarse as colaboracións institucionais especialmente no eido da saúde laboral.
Como se levará a cabo o Plan anual do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral?
Para poder planificar estas melloras a dispoñibilidade de recursos económicos, que dada a situación xeral, e a particular da administración autonómica, vense forzosamente minorados.
Na procura dunha maior eficiencia, se adianta un aumento de colaboracións, xa numerosas, que o instituto ten establecidas con outros axentes e organismos para reunificar esforzos e propiciar sinerxías que rendan máis obtendo así, mellores resultados cos recursos dispoñibles.
En que consiste este Plan anual do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral?
Presentáronse onte, setenta e dúas (72) actividades para mellorar a prevención de riscos laborais. Algunhas das accións que se levarán a cabo son as que nomeamos a continuación:
- a posta en marcha dun programa forestal;
- a análise da sinistralidade laboral en profesións feminizadas;
- a posta en marcha do mapa das enfermidades profesionais;
- o desenvolvemento de estudos epidemiolóxicos de redeiras;
- o estudo das causas dos accidentes graves e mortais en Galicia;
- a elaboración do mapa de risco químico;
- a formación para a administración local;etc.
Estas actividades marcan o Plan estratéxico en prevención de riscos laborais 2011-2014 “deseñado, consensuado e acordado por todos os axentes implicados no marco do Diálogo Social”.
Beatriz Mato fixo fincapé na importancia de
“seguir avanzando na redución da sinistralidade, sobre todo tendo en conta que a maioría de accidentes e enfermidades laborais son evitables”.
Para a RSE Xunta a seguridade e a saúde laborais son obxectivos prioritarios. Que opinades?








