
A ecoeficiencia vai máis aló da reciclaxe ou o mantemento da enerxía.
Hoxe abordaremos diferentes maneiras e métodos que unha empresa, sexa cal sexa o seu tamaño, sector ou ubicación xeográfica, debería poñer en marcha en materia ambiental. Como dixemos en algunha ocasión, a Responsabilidade Social Empresarial é o compromiso económico, social e ambiental que a túa empresa e a súa actividade adquire co seu canal loxístico, o seu entorno e ecosistema.
Conscientes do impacto ambiental da nosas actividades industriais diarias, un paso adiante en política ecoeficiente é sempre un punto a favor que consolida o teu compromiso coas futuras xeneracións, ademais dunha vantaxe competitiva e un valor engadido. Sabemos que cada día cobra maior importancia o respeto ao medio ambiente de modo que contan todas as opcións que eviten unha maior contaminación, promovan o mínimo impacto sobre a xeración de residuos e axuden a racionalizar o uso dos recursos enerxéticos e naturais.
Seguramente a túa empresa xa desenrole diversas prácticas corporativas que respeten o seu entorno como o control do consumo de enerxía e de auga ou a cantidade de residuos sólidos producidos ou as emisións de CO2 pero a ecoeficiencia vai máis aló da reciclaxe ou o mantemento de enerxía.
Para considerar que o teu negocio é un exemplo a seguir en esta materia debes ter en conta unha serie de accións integrais que velen en todo momento por todas e cada unha das repercusións que xenera a túa actividade sobre a sociedade e o seu entorno, o que se traduce en coñecer a calidade dos procesos produtivos e o seu impacto. En poucas palabras, trátase de diagnosticar, coñecer o impacto ecolóxico que xenera a produción, facer un seguimento e un control ambiental de cada acción.

O teu plan RSE debe contemplar accións ecolóxicas que melloren a túa empresa e o seu entorno.
Aguas de Mondariz, un exemplo ecoeficiente
Experiencias nacionais como a de Aguas de Mondariz e o seu proxecto “Mondariz Verde” son un claro exemplo de compromiso co ecosistema. Según recolle a súa memoria de sostenibiliade do 2010 os procesos e accións se planifican e evalúan co fin de acadar a sostenibilidade do medio natural co menor impacto posible e un beneficio medioambiental directo. Para iso forom introduciendo medidas como a redución do consumo de materiais, a súa reutilización e o posterior reciclado.
O que se podería traducir simplemente en medidas directas sobre o desenrolo dos propios envases e materiais foi máis aló con accións ecolóxicas que contemplaron melloras na propia empresa (coa instalación de detectores de luminosidade de exteriores gracias a unha auditoría enerxética); nos empregados (coa utilización dun só coche para transportar ao personal desde Vigo); na cadena de distribución (co establecemento de políticas de devolución e retorno cos provedores); e coa sociedade en xeral, gracias ao plan de políticas sociais.
Como ves, pequenas accións que derivan nun maior respeto polo medio ambiente. Sabemos que a natureza é a nosa aliada e que dela dependemos. Fagamos que ese compromiso se prolongue no tempo.
Nos próximos posts abordaremos máis en profundidade aspectos como o desenvolvemento sostible, a integración social, a formación continua, a igualdade de oportunidades e a organización do traballo. Todo iso acompañado de entrevistas a empresas galegas 100% RSE. Esta semana contaremos cos consellos de Javier R. Losada, director xeral de Aguas de Mondariz.








La ecoeficiencia es un concepto que siempre debería estar integrado en la gestión empresarial, para discutir más sobre el tema puede visitar: http://www.consciente.pe/que-es-ecoeficiencia
Pingback: “Queremos ser unha alternativa fronte ao mundo virtual, queremos levar a natureza aos nenos” | Responsabilidad Social Empresarial
Pingback: RSE e consumo responsable da auga. | Responsabilidad Social Empresarial