Curso de verán sobre RSE

A VIII Edición do curso de verán de Forética vaise celebrar entre os días 9 e 12 de xullo baixo o lema “A responsabilidade Social das Empresas como palanca de competitividade antes os retos globais”.

Comúnicámosvos desde a RSE Xunta de Galicia que a cidade seleccionada para o curso sobre RSC será Málaga e o prazo de inscrición está aberto a todas e todos os interesados.

Esta actividade didáctica englóbase no concepto de seminario. Neste colabora a Universidade de Málaga.

No pasado curso de verán sobre RSE de Forética

Carmen López-Lavid, Directora de Comunicación de MSD, no pasado curso de verán de Forética, titulado "Claves e práctica da Responsabilidade Social na estratexia das organizacións".

Que se trata neste curso sobre RSE?

Informarase sobre a visión estratéxica do actual estado da responsabilidade social nas organizacións empresariais e as liñas futuras que se están a seguir para desenvolver retos e obxectivos tanto en ámbito nacional como en internacional.

Quen presenta este curso sobre RSE?

Informámosvos de que un total de trinta expertos en RSC tanto propios do país coma outros de gran fama internacional, estarán no seminario ejemplificando e ofrecendo parte dos seus coñecementos dos negocios responsables.

O curso dividiuse en catro xornadas para que se asentasen as nocións que neste se explicarán.

Na primeira xornada, realizarase a introducción aos vínculos da Responsabilidade Social e competitividade a través de casos de éxito.

Na segunda, terceira e cuarta sesión analizaránse as respostas das organización e os retos presentes na estrutura actual dos negocios implicados en estratexias de RSE.

Forética, unha das asociacións de empresas e profesionais da RSE líder en España, mantén aberta desde esta semana as convocatorias de becas patrocinadas por MSD.

O número de becados total é de 12 persoas e a estes, cúbrenselles os gastos de matriculación, aloxamento e axudas á alimentación.

As becas de crédito completo enfócanse en investigadores, estudantes universitarios de post- grao ou dos cursos a piques de rematar na universidade de calquera institución académica de España ou de fóra.

Podédelas solicitar ata o 20 de xuño.

A presidenta da Xunta Directiva de Forética, Yolanda Erburu, destaca que

“o seminario persegue, desde a súa primeira edición no ano 2005, o interese por xuntar os esforzos que proveñen do ámbito universitario e a realidade das empresas que operan no mercado”.

Declara tamén que

“Trátase de aproximar as visións e propiciar o contacto entre empresas, investigadores, estudantes, periodistas e creadores de opinión, nun marco de intercambio de coñecemento sobre as tendencias máis actuais en RSE”.

Se tedes algunha dúbida, podedes enviarlle unha mensaxe a Forética solicitando información adicional neste correo electrónico: foretica@foretica.es

Animádesvos a asistir ao Curso de verán sobre RSE en Málaga?

Share and Enjoy:
  • Print
  • Digg
  • StumbleUpon
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Yahoo! Buzz
  • Twitter
  • Google Bookmarks
This entry was posted in Educación, Empresas socialmente responsables, RSE and tagged , , , , . Bookmark the permalink.

One Response to Curso de verán sobre RSE

  1. María Fernanda escudero says:

    Hola, es muy interesante este curso me gustaría saber que días van a dictar el curso en que horario y que precio tendría.
    Muchas gracias espero su respuesta.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>