RSE e a restauración ambiental

Onte, na celebración do Día das Letras Galegas, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, mais Borja Prado, o presidente de Endesa, estiveron nas minas das Pontes, en Galicia, onde se traballaou na rehabilitación ambiental da mina da zona.

Desde a RSE Xunta de Galicia queremos presentarvos esta nova como parte do compromiso responsable, tanto do goberno galego como desta empresa, dedicada á enerxía (gas, electricidade, etc.) na que se implicou a maior restauración ambiental levada a cabo en España.

RSE no lago de As Pontes, transformación do oco dun espazo mineiro

Como xurdiu o proxecto de rehabilitación da mina?

Xa no ano 1976 e no 2007, a empresa hidroeléctrica Endesa xestionou nas Pontes a maior zona mineira a ceo descuberto de España.
Extraéronse en torno a uns douscentos sesenta millóns de toneladas de lignito. Este material é o que dá vida, en forma de combustible, á central térmica do municipio.

No oco que quedou das escavacións mineiras e do que se calcula que mide uns 17,8 quilómetros de perímetro e 205 metros de profundidade, quedou un espazo no que se sitúa o lago da rexión.
No ano 2008, a empresa iniciou unha estrataxema de recuperación do oco mineiro tras diversas propostas estudadas durante anos. O que se procuraba era chegar a unha solución ambiental sa, sostible e coidadosa co contorno.

O lago de As Pontes, é o maior lago artificial de España e atópase en Galicia.

Cal foi a solución acadada respecto á rehabilitación mineira?

Decidiuse, que durante un determinado período de tempo, concretamente durante catro anos, se enchería o oco mineiro coa auga procedente dos ríos e afluentes máis achegados e da auga da chuvia.
Na actualidade o lago contén cincocentos corenta e sete hectómetros cúbicos de auga. Esta contención posúe gran calidade xa que desde o primeiro intre comezáronse a aplicar as medidas preventivas coma o selado de arxila ou a restauración das superficies máis emerxentes.
As beiras do lago están protexidas con diques e na zona máis poboadas construíuse unha praia que se espera abrir ao público nun futuro.

Creouse unha illa chamada Santa Bárbara, que honra co seu nome aos mineiros, e rehabilitáronse zonas de augas superficiais que permiten a proliferación da fauna avícola e piscícola.

É unha repercusión favorable desta rehabilitación da que se obterá, co seu desenvolvemento, o espazo de maior biodiversidade en Galicia.

Un dos diques levantados preto do lago, composto por material procedente do depósito, impediría que se desenvolvese vida na súa superficie pero grazas á rehabilitación e ao esforzo desta empresa, que engadiu terra vexetal e botou sementes, xa naceron 600.000 árbores, pasteiros e montes.

Esta tarefa tivo éxito e neste proceso natural colonizouse a zona con máis de 180 especies de vertebrados salvaxes. Converteuse este espazo degradado nun contorno paisaxístico fermoso e de interese ambiental que compensa a extracción do carbón da mina. O lago posibilita, ademais, usos turísticos ou deportivos que abastezan industrias relacionadas coas augas.
A perda de emprego que suporía o peche da mina, compénsase co plan de desenvolvemento para a zona que permite a expansión de 50 empresas, 1.2000 empregos novos e un investimento duns 250 millóns de euros.

Que vos parecen estas solucións de RSE para coidar o ambiente?

Posted in beneficios, empresas responsables, medio ambiente, rse, Xunta de Galicia | Tagged , , , , | Leave a comment

RSE e a prevención de riscos laborais

“Mellor é previr que curar”.

Con esta máxima a RSE Xunta de Galicia quere facer eco na sociedade sobre os beneficios e actividades que poden realizarse nunha entidade, empresa ou organización para satisfacer os requisitos que nos permitan manter a saúde laboral.
Desde a Consellería de Traballo e Benestar inaugurouse onte, mércores 9 de maio, unha xornada de prevención de riscos laborais.

presentación do plan de riscos laborais

Beatriz Mato na inauguración dunha xornada sobre prevención de riscos laborais na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) Autor: Xoán Crespo

A presentación estivo ao cargo da conselleira Beatriz Mato quen explicou as actuacións que se esperan poñer en marcha no Plan anual do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) ao longo deste ano 2012.
O acto realizouse na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Que é o Plan anual do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral?
Este plan é un programa que comprende as principais liñas de traballo e actuacións técnicas que desenvolverá o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) durante o ano 2012.

Coas pautas do plan se crean e regulan as actividades de carácter permanente en temas de riscos laborais no lugar de traballo.
Consolídanse, tamén, as novas estratexias de traballo que xa se abordaran o ano anterior. Lembremos que no 2011 se comezaron a desenvolver actividades relacionadas coa ergonomía e a psicosocioloxía laboral.

Neste 2012 comezan a perfilarse as colaboracións institucionais especialmente no eido da saúde laboral.

protección para prevenir riesgos laborales

Presentáronse 72 actuacións para previr riscos laborais.

Como se levará a cabo o Plan anual do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral?
Para poder planificar estas melloras a dispoñibilidade de recursos económicos, que dada a situación xeral, e a particular da administración autonómica, vense forzosamente minorados.
Na procura dunha maior eficiencia, se adianta un aumento de colaboracións, xa numerosas, que o instituto ten establecidas con outros axentes e organismos para reunificar esforzos e propiciar sinerxías que rendan máis obtendo así, mellores resultados cos recursos dispoñibles.

En que consiste este Plan anual do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral?

Presentáronse onte, setenta e dúas (72) actividades para mellorar a prevención de riscos laborais. Algunhas das accións que se levarán a cabo son as que nomeamos a continuación:

  • a posta en marcha dun programa forestal;
  • a análise da sinistralidade laboral en profesións feminizadas;
  • a posta en marcha do mapa das enfermidades profesionais;
  • o desenvolvemento de estudos epidemiolóxicos de redeiras;
  • o estudo das causas dos accidentes graves e mortais en Galicia;
  • a elaboración do mapa de risco químico;
  • a formación para a administración local;etc.

Estas actividades marcan o Plan estratéxico en prevención de riscos laborais 2011-2014 “deseñado, consensuado e acordado por todos os axentes implicados no marco do Diálogo Social”.
Beatriz Mato fixo fincapé na importancia de

“seguir avanzando na redución da sinistralidade, sobre todo tendo en conta que a maioría de accidentes e enfermidades laborais son evitables”.

Para a RSE Xunta a seguridade e a saúde laborais son obxectivos prioritarios. Que opinades?

Posted in plan rse, rse | Tagged , , , , | Leave a comment

Titulación universitaria sobre Voluntariado Corporativo

A Cátedra de Responsabilidade Social Corporativa da Universidade de Alcalá está a poñer en marcha o título universitario sobre Voluntariado Corporativo, un programa enfocado aos responsables dos departamentos de empresa con ligazóns ás áreas de RSE, RSC, sostibilidade, comunicación responsable, RR.HH e relacións internacionais.

Na RSE Xunta de Galicia cónstanos que tamén se enfoca este programa ás fundacións, ONG e administracións públicas do Estado.

Nova titulción universitaria de Voluntariado Corporativo.

Nova titulción universitaria de Voluntariado Corporativo.

O proxecto combina técnicas e experiencias para as empresas e negocios que xa actuaron na comunidade con actividades responsables nalgún momento do seu percorrido.

Preténdese ampliar o número de persoas implicadas no voluntariado e evolucionar cara a unha estratexia definida.

A titulación sobre Voluntariado Corporativo comeza a súa andaina desde cero polo que emprendedoras e emprendedores que ata agora non tiveran a posibilidade de unirse ao movemento da RSE poden facelo e acadar unha base de coñecementos que os axude na xestión das súas empresas.

Quen levará a cabo o Programa de Voluntariado Corporativo?

Para o desenvolvemento destas actividades, que como vimos observando neste blog da RSE Xunta de Galicia sempre proclamamos beneficiosas para o empresariado, o claustro estará conformado polo director da cátedra de RSC da Universidade de Alcalá, por Juan Carlos González, o director da Fundación KPMG, Pedro León y Francia que é o conselleiro de MAPFRE e Juan José Almagro, entre outras persoas que colaborarán no curso.

Cando e onde se levará a cabo o Programa de Voluntariado Corporativo?

As sesións de formación para o voluntariado da empresa encádranse nos seguintes días:

-Venres, 1 de xuño 2012

- Venres, 8 de xuño 2012

- Venres, 15 de xuño 2012

- Venres, 22 de xuño 2012

O lugar indicado para as leccións formativas será a sede da Fundación KPMG na Comunidade Autónoma madrileña.

charla sobre la rse

Exemplo de conferencia na que se forma sobre voluntariado corporativo.

O edificio Torre Europa, no Paseo da Castellana, número 95, será o que acolla a todos os que esteades interesados en apuntarvos a esta experiencia de RSC.

Por que este título universitario?

O principal motivo é a sensibilización social que se estivo a producir na última década nas comunidades traballadoras e do empresariado.

Esta consciencia viva foi a que impuxo un novo estatus ás accións de cada organización empresarial e agora cóntase como un valor engadido cada actividade que proporcione un beneficio social.

Segundo un estudo realizado polo Observatorio do Voluntariado Corporativo, no ano 2010, analizáronse mostras significativas de empresas españolas e os resultados amosaron que un 65% das empresas enquisadas xa estaban a desenvolver programas de voluntariado e de responsabilidade social da organización.

Das 35% restantes, o 95% estaban decididas en comezar unha políticaresponsable nun período de tempo determinado.

O que temos claro é que unha gran maioría solicita emprender programas activos de RSE, polo que formarse cos coñecementos necesarios na materia sempre será positivo para levalos a cabo de xeito eficaz.

Estades de acordo?

Posted in formación, rse, voluntariado | Tagged , , , | Comments Off

VII Curso de Integración Europea, Goberno Corporativo e RSE

O Centro de Responsabilidade Social Empresarial,  Bo Goberno Corporativo e Protección do Investidor da Universidade de Santiago de Compostela (do que forma parte a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar) organiza un curso de doce días de duración.

conferencia sobre RSE

Do 2 ao 10 de maio: curso de Integración Europea, Goberno Corporativo e RSE.

A temática a tratar céntrase nesta temática indicada no propio nome do curso:

  • Integración europea.
  • Goberno corporativo.
  • Valor da responsabilidade social nas empresas.

A data fixada para o inicio do curso é do día 2 ao 14 de maio deste mesmo ano, 2012. O lugar no que se celebrará é o Salón de Graos da Facultade  de Dereito, en Santiago de Compostela onde comezará o curso cunha introducción ás 16.00h.

Na RSE Xunta de Galicia, resumímosvos brevemente a Programación do Curso e os bloques dos que se compón:

I.- INTRODUCCIÓN
-Mércores, 2 maio: Documentación, indicacións básicas sobre o desenvolvemento do curso e os seus contidos. Sesión inaugural. Mesa redonda: “Organización xurídica da empresa e RSE, retos de
futuro”.

II.- GOBERNO CORPORATIVO
-Xoves, 3 maio: Sociedades mercantís. Empresa familiar e pequena empresa.
-Venres, 4 maio: Organización de administración.
-Luns, 7 maio: Xunta Xeral.
-Martes, 8 maio: Control

III.- RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA.

-Mércores, 9 maio: Responsabilidade Social, e fontes do Dereito. RSC e cuestións fronteirizas. Responsabilidade Social e Dereito Laboral.

-Xoves, 10 maio: fiscalidade, paraísos fiscais e comportamentos responsables. Responsabilidade ambiental: mecanismos privados de control da actuación empresarial internacional. Responsabilidade social , entorno e explotación dos recursos marítimos.
-Venres, 11 maio: Responsabilidade social das empresas como metodoloxía de creación de valor sostible. Responsabilidade social das empresas nosector financeiro. Responsabilidade social das empresas e recuperación da crise. Responsabilidade Social Corporativa e control do crédito das empresas.

IV.- INICIATIVAS PRÓXIMAS E ASPECTOS PRÁCTICOS.

-Luns, 14 de maio:  Xornada especial: 12 horas sendo emperador.

Podedes atopar o programa completo neste PDF que na RSE Xunta de Galicia poñemos á vosa disposición: Programa-Curso-RSE-Maio-2012.

curso sobre rse en galicia

Asistencia obligatoria e realización dun traballo-resumo como requisitos para arpobar o curso.

Os requisitos que se solicitan para que o alumno supere o curso é a asistencia obligatoria (nun 80%) e a presentación dun traballo que consiste en resumir o que se aprendeu durante esta actividade cunha data límite do 30 de maio de 2012.

Podedes atopar máis información sobre o Curso de Integración Europea, Goberno Corporativo e RSE preguntando nos correos electrónicos seguintes:

elena.carrillo@usc.es; marcos.torres@usc.es; pablo.ares@usc.es

Desde este Blog da RSE Xunta de Galicia damos as grazas aos organismos patrocinadores, organizadores e colaborades do curso: Programa JEAN MONNET Comisión Europea, Xunta de Galicia, área de Dereito Mercantil da Faculltade de Dereito da USC, Centro de responsabilidade social, goberno corporativo e protección do investidor da USC (CGRI), Centro de estudos e documentación europeos da USC (CEDE) e AUDAX-IUL.

Esperámosvos!

Posted in formación, jornada, rse, Universidad de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia | Tagged , , , , , , | Leave a comment

16 de maio: Xornada de Traballo sobre RSE en Ferrol

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, achega unha nova proposta para a difusión da Responsabilidade Social Empresarial na nosa Comunidade Autónoma que ten como finalidade introducir ás Peme galegas na súa utilización, dando as pautas para a correcta aplicación dos seus principios.

Pretende ademais ser un espazo de encontro e intercambio de experiencias, no que participarán expertos en RSE, responsables de RSE de empresas galegas e representantes de diversas institucións, como o presidente de Ferrolterra, José Ramón Franco Caveiro, ou o Director Xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá.

A Xornada se celebrará o 16 de maio.

No acto de clausura intervirán a Conselleira de Traballo e Benestar e o Alcalde de Ferrol. Podedes acceder ás inscricións na Asociación de Empresarios de Ferroltera ata completar o límite de aforo.

Non perdades a oportunidade de aumentar os vosos coñecementos sobre os beneficios da implantación de políticas de RSE.

Se necesitades máis información, podedes contactar coa organización en info@empresarios-ferrolterra.com

Porgrama xornada ferrol

Programa da Xornada de Traballo sobre RSE en Ferrol.

Posted in empresas responsables, formación, jornada, Odilo Martiñá Rodríguez, rse, Xunta de Galicia | Tagged , , , | Leave a comment

RSE: Presentación da II Semana Internacional do Voluntariado Corporativo

As organizacións encargadas de presentar a Segunda Semana do Voluntariado Corporativo foron Forética, a Fundación Voluntarios por Madrid e Fundar.

A iniciativa internacional impulsouna a entidade británica Business in the Community.

Segunda_semana_internacional_voluntariado_corporativo

Presentación de la Segunda Semana internacional do voluntariado corporativo que terá lugar do 10 ao 20 de maio.

Do día 10 de maio ao 20 de maio, celebrarase a II Semana Internacional do Voluntariado Corporativo, presentada neste mes de abril ante os medios e dedicada aos voluntarios e voluntarias das empresas para potenciar e dar visibilidade ás accións sociais corporativas. Que vos parece?

Na RSE Xunta de Galicia cremos nas motivacións das persoas que queren ofrecer axuda aos que o necesitan e por iso apoiamos as entidades públicas, privadas e organismos sen ánimo de lucro para que sexan a plataforma desde a que se realizarán as actividades de voluntariado.

Nesta ocasión, a presentación da que vos informabamos tivo lugar no salón de actos do Centro Cultural Conde Duque e a esta acudiron máis dun cento de representantes de ‘ONG’ esperando escoitar as novidades que se sucederán na mencionada  Semana do Voluntariado.
A directora xeral de Familia, Infancia e Voluntariado do Concello de Madrid, Dolores Flores, foi a encargada de dar a benvida aos asistentes e agradeceu a confianza das 47 empresas confirmadas para a edición “Give & Gain Day (nome dun evento que potencia e da visibilidade ao voluntariado corporativo na Semana Internacional do Voluntariado Corporativo) e engadiu:

“temos que traballar xuntos, non para reunir senón para multiplicar esforzos.

Pola súa banda, Juan Ángel Poyatos, subdirector de Fundar, explicou o seu interese por participar nunha iniciativa como esta, a nivel internacional e comentou as diferentes accións realizadas na comunidade valenciana, lugar onde levan a cabo labores solidarias relacionadas co voluntariado desde que comezaran a súa andadura. Indicou que:

“este é o primeiro paso, pero non podemos quedarnos nunha acción puntual, é necesario ir pouco a pouco e conseguir que as empresas realicen accións perdurables no tempo porque son realmente beneficiosas”.

Na RSE Xunta de Galicia apoiamos a adquisición desa responsabilidade e dese compromiso que aumenta o valor do cadro de persoal e, polo tanto, da propia empresa.

Palabras coma as de Carmen Lavid, directora de Comunicación de MSD, son as que nos lembran como ofrecer unha gran valía aos demais:

“As persoas motivadas cren no que fan e dan o mellor de si. O voluntariado é un impulso, algo que nace, unha sensación ou necesidade de querer compartir co resto. Somos conscientes de que canto máis influamos nos nosos traballadores, mellor funcionará a organización”.

Do acto institucional, presidido por Dolores Navarro, delegada de Familia e Servizos Sociais de Madrid, esta comentou que:

“o voluntariado é a mellor expresión da capacidade do ser humano de sentir como propias as necesidades dos demais. O voluntariado, coa súa dedicación e entrega ensínanos como construír unha sociedade consciente das súas responsabilidades”.

Insistiuse tamén en que aumenta o número de persoas dispostas a axudar, a título individual, como cidadáns e como parte da empresa. Ao mesmo tempo, lembrouse que a cidade de Madrid uniuse ao modelo de Cities of Service.

As empresas que participarán nesta II Semana do Voluntariado son 47 organizacións de diversos sectores como a banca, construción, consultoría, hostalería e restauración, novas tecnoloxías, redes sociais, seguros, organismos públicos, etc.
A información que necesitades se queredes formar parte deste proxecto, podédela atopar na páxina web http://giveandgainday.foretica.org/

Apuntádesvos?

Posted in empresas responsables, formación, jornada, rse, voluntariado, Xunta de Galicia | Tagged , , , , , | Leave a comment

RSE: Foro Lisboa 21, auga e sostibilidade

No Foro Lisboa 21 proponse a creación dunha Axencia Mundial da Auga e do Desenvolvemento Sostible que dependa directamente da ONU.

Este martes, presentáronse os documentos executivos deste foro, resumindo as conclusións sobre auga, enerxía e desenvolvemento sostible, que presentan o debate estratéxico que se poderá seguir no Cumio RIO+20, en xuño.

cubos con imaxes de agua e enerxía sostible
Foro Lisboa 21: proxecto para a creación dunha Axencia da Auga e Desenvolvemento Sostible.

O presidente do Foro Soria 21 para o Desenvolvemento Sostible, Amalio de Marichalar, reuniu na Universidade Católica Portuguesa de Lisboa algúns dos nomes que contribuíron a crear o documento. Estes colaboradores referíronse ao recoñecemento da auga como un dereito humano.

Segundo xuízo do presidente,

“a auga é unha garantía de dereito á vida, sendo necesario, por tanto, a creación dun órgano de xestión para as grandes cuestións da auga”.

Mentres se presenciaba o acto, o experto, César Dopazo, destacou vivamente que

“os combustibles fósiles seguirán sendo fundamentais para satisfacer a demanda enerxética xa en crecemento”.

Na RSE Xunta de Galicia achégamonos aos comentarios sobre os materiais renovables e a enerxía nuclear e queremos facervos partícipes da importancia que se manifestou no foro pola súa vital “necesidade” de que se aumente a eficacia respecto deles. Unha das actividades que se propuxo foi a de realizar estudos e debates sobre estas enerxías emerxentes e tomar así decisións acertadas.

O aforro enerxético ten que ser práctico para que se verifique un cambio positivo nos países en desenvolvemento.

O reitor da Universidade Católica Portuguesa, e un dos organizadores do foro, Manuel Braga da Cruz, destacou a dimensión da cultura como un dos piares da sostibilidade ao tempo que indicou que “a universidade ten por obxectivo a capacitación, o desenvolvemento e a investigación”.

No encontro destacáronse os seguintes eixes representativos das conclusións e recomendacións que alí se sucederon:

  • mudar de paradigmas actuais e o plan de acción cara a sostibilidade,
  • pensar en alternativas enerxéticas,
  • crear unha Axencia Mundial da Auga,
  • crear un Centro Mundial de Desenvolvemento Sostible,
  • utilizar a cultura como base para soster a idea principal do foro.

O Foro Mundial Lisboa 21 recomendou a creación de organismos independentes para supervisar os recursos naturais no ámbito da ONU, coa posibilidade de que se implanten na península Ibérica ao non ter preto ningunha axencia das Nacións Unidas.

Máis de 80 relatores foron os que compuxeron este foro, coincidindo todos eles en que o desenvolvemento sostible é a mellor herdanza moral da sociedade e a mellor proposta para unir aos países.

Recalcouse, tamén, a importancia dos medios de comunicación en relación á auga para promover unha información clara e neutra. Ademais, resaltouse o papel dos medios para concienciar á sociedade a favor da sostibilidade, pediuse a incorporación da Carta da Terra como “documento para a educación”.

Ti que opinas da orientación que tomou a sostibilidade neste foro? Estás de acordo?

Posted in empresas responsables, información responsabilidad social empresarial, plan rse, rse | Tagged , , , | Leave a comment

RSE: implantar plans de igualdade na empresa

A consideración, por parte dalgúns sectores, da maternidade como un impedimento para a inserción laboral, a segregación vertical e horizontal no mundo do traballo, as persistentes desigualdades salariais entre mulleres e homes, ou a forma en que se ten producido a incorporación masiva das mulleres no mercado de traballo sen ter abandonado o rol tradicional de atención ao doméstico e aos coidados, constitúen algunhas das características da posición das mulleres no mundo do emprego.

Estas características abren o camiño á vulnerabilidade e á discriminación que convirte ás mulleres en vítimas por excelencia das condutas de acoso sexual e acoso no ámbito laboral.

mujeres en el trabajo rse

Mulleres e os Plans de igualdade na empresa.

Este é o motivo polo cal na RSE Xunta de Galicia, e grazas á Consellería de Traballo e Benestar, facilitamos o instrumento legal que se concibe como apropiado para desactivar esta realidade e en definitiva para a consecución da igualdade de xénero, en especial no ámbito do emprego: a Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia.

A Guía para a elaboración de Plans de Igualdade nas Empresas é unha ferramenta de apoio ás empresas de Galicia co obxectivo de favorecer a consolidación dunha sociedade democrática, xusta e solidaria.

Que é un Plan de Igualdade para a empresa?

Segundo a Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia defínese como

“un conxunto de medidas que comprenden a fijación de obxectivos concretos, a elaboración dun código de boas prácticas na organización do traballo, o establecemento de sistemas de control sobre o cumprimento e a transparencia da súa implantación”.

Como se elabora un Plan de Igualdade empresarial?

  1. Preparatoria. Compromiso e intencións. Supón o abordaxe do proceso de toma de decisións no interior da empresa para formalizar e establecer o compromiso da mesma coa igualdade e que se plasmará e levará á práctica a través do establecemento do Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
  2. Diagnóstica e propositiva, na que se recompilará e analizará a información necesaria para obter unha fotografía da situación da igualdade na empresa, así como os principais déficits e necesidades a abordar de cara á súa consecución total e efectiva. A partir dos seus resultados definirase o documento específico do plan, que concretará os obxectivos e medidas a  implementar para logralos.
  3. Posta en marcha, execución, seguimento e avaliación. Nela definiranse as condicións necesarias para a implementación das medidas establecidas e abordarase o desenvolvemento das mesmas, así como o sistema de seguimento e avaliación que se levará a cabo para asegurar a transparencia na dita implementación e medir os resultados logrados na igualdade.
Proceso de creación dun Plan de igualdade para empresas.

Proceso de creación dun Plan de igualdade para empresas.

Que resultados se obteñen coa implantación dun Plan de igualdade?

En primeiro lugar, implica a adopción dun compromiso, responsabilidade e esforzo en modificar a xestión dos axentes implicados: dentro e fora da empresa.

Os resultados notaranse en 4 áreas:

  1. A situación das mulleres na empresa, aumentando a súa presencia naqueles sectores, ocupacións ou postos nos que estean subrepresentadas; equiparando as súas condicións de acceso, mantemento e promoción nos seus empregos; incorporando servizos ou medidas específicas para a descarga de responsabilidades domésticas ou familiares; garantindo a súa participación nos espazos de toma de decisións,etc.
  2. A situación da igualdade e as relacións entre homes e mulleres, equiparando a ambos en canto á súa consideración, representación, expectativas de éxito e obtención de beneficios na empresa; xerando contornas igualitarias libres de discriminacións e acoso; xerando unha dinámica de relacións respectuosa e equitativa… en definitiva, eliminando as discriminacións e xerando dinámicas de traballo favorables á igualdade real.
  3. Os resultados e a cultura empresarial, aumentando a coherencia cos criterios de boa gobernanza e de xustiza social; a identificación e fidelización do persoal ao redor da política empresarial; coñecendo e optimizando todos os recursos humanos e as súas potencialidades; avanzando no proceso de modernización empresarial: orientación cara aos resultados; anticipación a novos métodos de xestión; ampliación das posibilidades de colaboración con entidades públicas e con outras entidades igualitarias, extensión do prestixio e mellora da imaxe interna e externa da empresa; etc.
  4.  No contexto social; a través da promoción e difusión de valores igualitarios que sirvan para sensibilizar a outras entidades e á propia cidadanía, así como da posta en marcha de actuacións de responsabilidade social que contribúan a xerar cambios sociais neste sentido.

Ante estas melloras no entorno empresarial e social, credes que é boa idea implantar un destes Plans de Igualdade na vosa organización?

Posted in igualdad oportunidades, rse, Xunta de Galicia | Tagged , , , , , | Leave a comment

RSE e os principios anticorrupción

A transparencia é unha arma que debe ser base en todo bo goberno que se prece.

Por iso, Transparencia Internacional (TI) (organización non gobernamental a escala universal e dedicada a combater a corrupción) anunciou, hai poucos días, publicamente unha serie de normas morais ou principios para axudar aos organismos de goberno a responsabilizarse da sociedade e dos grupos afectados pola súa actividade.

persoa estudando libros sobre ética empresarial

Seguir unha ética empresaril axuda ás boas prácticas do bo goberno e á anticorrupción.

Que obxectivos perseguen estes principios?

O fin principal desta ‘normativa’ é o de reforzar a apertura informativa das compañías e empresas mais reducir riscos de que se produzan actos corruptos nas altas esferas directivas ou en calquera parte da organización.

A sede da Fundación Ortega-Marañón, situada na cidade de Madrid, foi a localización na que se acolleu a presentación dos ‘Principios de transparencia e prevención de corrupción para as empresas’.

Ditas recomendacións, elaboradas pola mencionada TI-España, comunican o decálogo que veremos a continuación a todo tipo de empresas (de calquera natureza, tamaño e sector)

Na RSE Xunta de Galicia recompilamos unha decena de ideas rexistradas nos informes da TI.

Cales son os 10 principios básicos da RSE para o bo goberno empresarial?

  1.  Seguir e executar as actuacións que se formulan no “Código unificado do bo goberno corporativo
  2. Introducir na empresa ou organismo un código ético (documentarse e instaurar na política empresarial un conxunto de directrices para establecer unha conduta responsable por parte de empresarios cara á poboación).
  3. Posta en marcha de programas de cumprimento normativo (procedementos adecuados que detectan e xestionan o risco de incumprir certas obrigas dentro e fóra da corporación. Deben establecer un sistema áxil que faga posible identificar, medir e minimizar os retos aos que a empresa se enfronta cada día.
  4. Informarse sobre cales son os canais de denuncia para a comunicación de posibles incumprimentos das normas internas da empresa ou das normas legais desta.
  5. Ofrecer de forma pública os datos sobre as retribucións dos directivos e administradores para que a transparencia prime na información que lle damos á cidadanía.
  6. Informar publicamente dos cargos e postos de traballo que van a cubrirse nunha organización. As contratacións e as subvencións deben poder ser consultadas pola sociedade en xeral.
  7.  As políticas de responsabilidade social da empresa (RSE) deben ser facilmente lexibles e atoparse incluso en soportes con conectividade á web.
  8. Evitar as prácticas que tendan a favorecer a corrupción empresarial no sector público ou privado.
  9. Estudar e vixiar, de forma responsable, as transaccións de excesivo capital ao estranxeiro.
  10. Respectar o cumprimento das obrigas fiscais.

No acto presencial no que se realizou este encontro cos seguidores da RSE e os defensores anticorrupción do bo goberno, personaxes reputadas do mundo dos negocios e do saber empresarial coma Jesús Vizcaíno, presidente da TI-España, ou Silvia Bacigalupo, catedrática de Dereito Penal na UAM, interviñeron na conversa fomentando a responsabilidade social. Esta última, afirmou:

“a finalidade das pautas é establecer uns puntos de partida cara á organización responsable e sostible”.

O director xeral da Fundación Ortega-Marañón, Jesús Sánchez, insistiu en que para garantir a transparencia é necesario:

“que a fixación dos criterios técnicos de acceso aos concursos públicos se sometan á cidadanía”.

Estas foron algunhas das mencións respecto ao bo goberno que tiveron en conta persoas de certo nivel de entendemento da RSE.

Que opinas ti sobre estes principios? Cres que se poden levar a cabo facilmente?

Posted in empresas responsables, ética, información responsabilidad social empresarial, rse, Sin categoría, Xunta de Galicia | Tagged , , | Leave a comment

Auditorías éticas e de RSE

Unha auditoría ética é un sistema de acreditación sobre o comportamento ético dunha organización, elaborado pola propia empresa (cun comité ético) ou ben por unha auditoría externa independente.

As auditorías éticas atenden a un requirimento social: as empresas teñen a obriga de render contas (sociais) para considerarse responsable, libre e consciente dos seus actos.

É herdeira do balance social, mediante o cal se presentaban calquera tipo de contas sociais coma as relacións entre empresas e a sociedade definindo esas relacións existentes e as que debería haber.

O Balance Social defínese como:

“ O esforzo por describir en informes internos e externos cantos datos sexan posibles sobre os beneficios e custos que a actividade empresarial leva consigo ou pode levar á sociedade nun período de tempo determinado”.

As O que fan as auditorías éticas é analizar, avaliar e informar sobre a actividade da empresa e ampliar o clásico balance social.
As auditorías éticas analizan, avalían e informan sobre a actividade da empresa e amplían o clásico balance social.

Na RSE Xunta de Galicia, estamos de acordo coas definicións propostas no libro de Fernando Navarro García, A responsabilidade social corporativa, no que se considera o balance social como un rexistro ou informe que contabiliza, de certo xeito, as prestacións sociais que son consecuencia dalgunhas das accións e actitudes da empresa.

Un dos temas a debater na RSE é como contabilizar esas prestacións: actuacións sociais das pemes e multinacionais cun ‘hai que’ ou cun ‘ter que’.

Como podemos valorar unha doazón económica a unha empresa ou a outra? Cal é máis válida? En que nos fundamentamos para dotar de valor?

As políticas de RSE non son tan antigas, polo que as novidades introducidas nelas nos últimos tempos, aínda adoecen dalgunhas debilidades coma estas:

  • Confusións entre responsabilidades da empresa pública e a privada. A empresa cumpre as leis e paga os seus impostos mentres que o estado ocúpase da parte ‘social’. Esta separación de ideas sobre as actividades dun tipo e outro de organización xeran un enforntamento de ideas por ver quen dos dous sistemas é líder de actuación e exemplo para a cidadanía.
  • Dualidade entre os defensores da creación de RSC empresarial privada (directivos, cadro de persoal) e os defensores da RSE estatal (consumidores, grupos de presión)

A percepción de sobre que debe recaer a responsabilidade das actuacións de RSE levan á interacción de ambas organizacións.

O que fan as auditorías éticas é analizar, avaliar e informar sobre a actividade da empresa e ampliar o clásico balance social.

O balance declara e a auditoría constata e certifica o declarado verídico.

Unha auditoría ofrece a valoración ética da empresa, medindo a distancia entre as promesas de ‘debería facerse’ e o que se fai en realidade. A diferenza entre o que se fai e se debe facer é a credibilidade da empresa e está asociada coa súa reputación.

Como se elabora unha auditoría ética?

  1. Se especifican os diferentes grupos afectados pola RSE para axilizar o diálogo.
  2. Identificar os intereses, legais, de cada unha das posibles partes afectadas. Debemos ter en conta os intereses xerais e universais que poidan ser comúns a calquera grupo. Independentemente disto, temos que coñecer e poñer en práctica os dereitos impostos no marco constitucional.
  3. Concretar os intereses lexítimos en forma de indicadores para poder darlles valor e controlalos. Atopamos varios tipos de indicadores:
  • Operativos: custos monetarios, intervalos, escalas, etc. Poden ser analizados por observadores externos.
  • Perceptivos: información obtida mediante enquisas, sondaxes, círculos de discusión, etc.

As empresas que realizan de forma responsable auditorías éticas, seguen este pequeno esquema:

Axuda gráfica para a implantación dunha auditoría ética.

Segundo estas pautas, consideramos que sempre podemos mellorar a RSE da nosa empresa, sexa cal sexa a súa orixe, seguindo unhas directrices sinxelas, estando atentos aos intereses comúns e por suposto, comunicando a nosa actividade con verdadeira ética e moral.

Ti, como mellorarías algunha parte da organización na que traballas?

Posted in información responsabilidad social empresarial, plan rse, rse, Sin categoría | Tagged , , , , | Leave a comment